Sarela Editorial

Un proxecto editorial que une papel e tecnoloxía para darlle voz á escola.

Unha solución híbrida que impulsa a autonomía do profesorado, motiva o alumnado, implica as familias e ofrece solucións á medida aos centros educativos.

Unha solución híbrida que impulsa a autonomía do profesorado, motiva o alumnado, implica as familias e ofrece solucións á medida aos centros educativos.

Materias de Primaria e ESO.
+ 0
Recursos pedagóxicos creados.
+ 0
Alumnado en toda España.
+ 0

A pedagoxía guía,
a tecnoloxía multiplica.

Cremos nunha educación híbrida e sostible, na que o dixital non substitúe: potencia. O noso modelo recoñece a diversidade na aula e ofrece recursos que se adaptan a cada forma de aprender.
E, se non existen, créanse.

Contidos actualizados á velocidade da aula

Un catálogo híbrido, que combina o formato dixital e o papel, e que se adapta rapidamente aos cambios normativos, metodolóxicos e sociais.

Recursos para implicar a familia

Materiais deseñados para ofrecer unha visión global dos contidos que se están a traballar na clase.

Compatibilidade total coas plataformas escolares

Google Classroom, Microsoft Teams, Moodle... sen cambiar o que xa funciona.

Ferramentas que aforran tempo
e lle dan autonomía ao profesorado.

Planificar as clases é sinxelo e intuitivo, con múltiples materiais que o docente pode personalizar ou combinar con recursos propios.

Ferramentas para unha clase diversa

Personalización de contidos e deseño de dinámicas colaborativas na aula.

Análise completa da aprendizaxe

Avaliación do rendemento e detección de erros para tomar decisións con todos os datos.

Docentes que lideran o cambio

Comunidade de apoio, formación continua e feedback directo para evolucionar de forma conxunta.

Un modelo flexible que se adapta
ao ritmo e á realidade de cada centro.

Cada colexio ten o seu estilo e as súas necesidades. A nosa solución intégrase sen friccións no que xa funciona, respectando a identidade pedagóxica de cada equipo.E o máis importante: acompañamos o profesorado en cada paso do camiño.

Subscricións que se axustan a cada escala

Desde centros individuais ata redes completas ou Administracións, con paquetes modulares segundo as necesidades.

Contidos á medida máis alá do catálogo

Materiais exclusivos para Administracións e colexios, axustándose ás necesidades específicas.

Proxectos especiais e consultoría

Asesoramento para implantar estratexias dixitais. Colaboracións con entidades gobernamentais e ONG.

Soporte e formación continua

Asistencia técnica con formación continuada e durante todo o proceso, desde o primeiro clic ata a certificación.

Leva a túa aula ao seguinte nivel.

A alianza entre La Voz de Galicia e Netex pon ao alcance do teu colexio unha proposta híbrida, inclusiva e transformadora.

La Voz de Galicia

Grupo de comunicación con máis de 140 anos de historia e 40 de estreita colaboración co profesorado. Achega lexitimidade, proximidade coa escola e unha sólida traxectoria na produción de contidos educativos impresos.

Netex Learning

Empresa tecnolóxica con presenza internacional e máis de 25 anos liderando solucións de formación dixital. Achega innovación, escalabilidade e unha visión pedagóxica centrada na aprendizaxe continua.